Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O cantar de nadal revive en Marín

Queremos Galego traballa na divulgación das tradicións destas festas

A biblioteca pública acolleu numeroso público no acto organizado por Queremos Galego Marín. // S.A.

A Asociación Queremos Galego Marín traballa nestas datas pola recuperación de tradicións culturais do país, como son o cantar de reis e o cantar de nadal. Antigamente estaba moi estendida en Galicia a tradición de ir casa por casa cantar os reis e os cantos de nadal pedindo o aguinaldo. Na actualidade varias asociacións culturais tentan recuperar esta forma tradicional galega de festexar o nadal da que O Morrazo e as súas vilas e parroquias, desde Ardán, Cela ou o Hio, foron testemuñas nas noites de nadal e reis.

Hai constancia desta celebración na parroquia de Ardán dende hai máis de cento cincuenta anos, cando por parellas e durante toda a noite coa compaña dun gaiteiro iase casa por casa cantando os Reis.

Queremos Galego celebrou un acto sobre esta tradición na biblioteca municipal de Marín, que comenzou coa actuación dun grupo de rapazas e rapaces do Sequelo que cantaron unhas panxoliñas.

A seguir, para explicar o que son os cantos de reis, a súa historia e como se está a recuperar, falaron Guillerme Ignacio Costa e Queta Molas. Para fechar o acto, o Orfeón de Ardán interpretou varias pezas tradicionais e o "Canto de Reis". Esta agrupación recuperou unha tradición que ten máis de 150 anos nesta parroquia, sendo inicialmente unha interpretación a dúo chmada "pernada" acompañada coa gaita.

Compartir el artículo

stats