Queremos Galego recupera o cantar de Reis cun acto que contará co Orfeón de Ardán

17.12.2015 | 03:09

A Asociación Queremos Galego Marín celebrará o vindeiro martes, 22 de decembro, na biblioteca municipal a partir das 20.00 horas, unha nova actividade relacionada coa recuperación das tradicións culturais galegas. Será un cantar de Reis que antigamente estaba moi estendido polas parroquias galegas. Trátase da tradición de ir casa por casa cantar os reis e os cantos de Nadal, pedindo o aguinaldo. Na actualidade múltiples asociacións culturais tentan recuperar esta forma tradicional galega de festexar o Nadal da que O Morrazo e as súas vilas e parroquias, desde Ardán, Cela ou o Hio, foron testemuñas nas noites de Nadal e Reis.

Hai constancia desta celebración na parroquia de Ardán dende hai máis de cento cincuenta anos, cando por parellas e durante toda a noite coa compaña dun gaiteiro iase casa por casa cantando os Reis. O acto do vindieiro martes comezará coa actuación dun grupo de rapaces do CEIP O Sequelo que cantará unhas panxoliñas. A seguir, Guillerme Ignacio Costa e Queta Molas explicarán a tradición. Para fechar o acto o Orfeón de Ardán interpretará varias pezas e o "Canto de Reis".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine