Curso de alfabetización informática en Ponte Caldelas no que participaron 25 alumnos maiores de 60 anos

A iniciativa foi organizada pola Asociación Cultural O Terreiro, no programa "Pensa en Ti"

15.12.2015 | 02:58
O alcalde conversa con algúns dos asistentes. // Fdv

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, participou no acto de clausura do curso de alfabetización informática e internet organizado pola Asociación Cutural O Torreiro de Forzáns, dentro do programa "Pensa en Ti" da Deputación de Pontevedra onde participaron 25 alumnos maiores de 60 anos, que nunca antes se sentaran diante dun ordenador.

Durante a súa visita, o alcalde puido comprobar como os asistentes ao curso ían coñecendo as distintas ferramentas e elementos que acompañan ao computador e asistiu en directo a unha clase na que os alumnos debían aplicar diversas aplicacións relacionadas co tratamento de texto e o correo electrónico. Este curso complementa a outro celebrado con anterioridade de iniciación á informativa promovido tamén por esta asociación cultural e que contou coa colaboración do Concello de Ponte Cadelas e a Deputación de Pontevedra.

Os asistentes ao curso aproveitaron a presenza do alcalde, Andrés Díaz, para agraderlle as súas xestións para que o Centro Sociocultural de Forzáns contara, despois de catro anos e medio da súa inauguración e peticións reiteradas ao Concello ao respecto, con acceso a internet. O rexedor dixo que fora unha das súas promesas ao pouco tempo de chegar a Alcaldía e que "se pudo cumprir, como outras moitas que vos fixen e que estamos traballando para que sexa unha realidade no prazo de tempo más curto posible", asegurou Andrés Díaz.

Os alumnos do curso, veciños desta parroquia, agradeceron tamén a colaboración da Deputación e do Concello para que puidesen desenvolverse este tipo de iniciativas como o programa "Pensa en Ti" que contribúen non só a aumentar a oferta lúdica e formativa das asociacións senón que dinamizan tamén a súa vida interna fomentando a participación dos veciños en actividades que despertan gran interese.

O obxectivo do curso eran que os usuarios coñezan o funcionamento do computador e poidan ao finalizar a súa asistencia realizar tarefas básicas para o seu normal uso tanto no tratamento de textos, navegar por internet, enviar e recibir correos electrónicos como solicitar unha cita médica de xeito telemático.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine