A retrospectiva de Javier Rebollo abre hoxe a edición 0 do Festival "Novos Cinemas"

11.12.2015 | 02:51

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra "Novos Cinemas" arranca hoxe no Teatro Principal e continuará nesta fin de semana para dar visibilidade aos novos creadores e difundir o seu talento, prestando especial atención á vangarda cinematográfica a nivel internacional.

Trátase da edición 0 e inclúe a proxección de 5 películas, un seminario impartido polo cineasta Javier Rebollo: "Só se fai unha primeira película unha vez"; e dous encontros de profesionais e público: "Filmar como respirar. Na procura do primeiro filme" con cineastas e novos realizadores; e "NovosCinemas#NovosMercados" con produtores e distribuidores.

O cineasta madrileño Javier Rebollo presentará hoxe ás 17 horas a súa película "O que sei de Lola". Será no Teatro Principal, onde tamén protagonizará a partires das 21.30 horas unha sesión especial na que analizara o filme "Os 400 golpes"

Ademais destas dúas películas, os que se acheguen ao Festival poderán asistir a tres estreas en Galiza: "Un poeta novo" , "Las amigas de Ágata" y "Volta á terra".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine