"O audiovisual galego segue vivo"

Dez proxeccións e 14 profesionais protagonizarán a nova edición da 'Master Class Augal'

10.12.2015 | 02:46
Jacobo Sutil, Beatriz Legerén e Miguel Anxo Fernández, na presentación de Augal 2015-2016. // R. V.

Dez títulos galegos, dende longametraxes de ficción a documentais, curtas, webseries ou anuncios de televisión, e 14 profesionais que os dirixiron, protagonizaron ou produciron, protagonizarán a nova edición de Augal, a 'Master Class 'do Audiovisual Galego que chega neste curso 2015-2016 á súa quinta edición. O arranque será o vindeiro martes, día 15, coa proxección de "El Desconocido", que será presentado polo seu director, Dani de la Torre, e a produtora, Emma Lustres.

"Augal amosa que o audiovisual galego segue vivo", sinala Miguel Anxo Fernández, que coa tamén profesora Anna Amorós coordina esta Master Class que xurdiu fai 6 anos (un curso non se celebrou) coa intención de respostar á demanda do sector de contribuir a visibilizar os seus propios produtos, especialmente entre os futuros profesionais do audiovisual.

Con ese obxectivo, Augal encara xa a súa quinta edición, que se repartirá en 7 sesións na que terán cabida dez títulos galegos e 14 profesionais que participaron na súa grabación ou rodaxe. Trátase de longametraxes, webseries, curtas ou anuncios publicitarios para televisión.

A película 'El desconocido', un dos máis recentes éxitos do cinema galego, protagonizado por Luis Tosar e Goya Toledo e e presente na actualidade nas carteleiras comerciais, será a primeira proposta novo Augal. O filme será presentado polo seu director, Dani de la Torre, e por Emma Lustres, da produtora Vaca Films.

A Master Class continuará o 15 de febreiro de 2016 coa xornada 'Viaxe pola publicidade para TVG', que será conducida polo director e produtor Jorge Algora, de Adivina Producións.

A seguinte proposta será o 23 de febreiro coa proxección do documental sobre os encoros 'Os días afogados', coa presenza de César Souto e Luis Avilés (directores e guionistas) e Iván Patiño (produtor); e o 1 de marzo os alumnos terán oportunidade de ver 'El arca de Noé', fita que será presentada por David Valero (director e guionista) e por Sergio Frade (produtor).

O 8 de marzo celebrarase unha sesión especial dadicada a curtametraxes e webseries. Nela terán cabida os títulos 'Estereoscopia', de Xacio Baño; 'Serendipia', de Jonatan Toucedo; e 'Nacer en septiembre', de Anxos Fazáns; así como 'Vento ferido', a serie online asinada por Miguel Grandío sobre o libro homónimo de relatos de Carlos Casares, que foi creada como resultado da última edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC).

Miguel Anxo Fernández lembrou que moitos dos direcctores destos audiovisuais son alumnos ou ex alumnos en Pontevedra da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, que un ano máis será escenario do Augal. De feito, un dos obxectivos desta proposta na que colaboran a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Universidade de Vigo é poñer en contacto ós profesionais cos alumnos que en breve tomarán o relevo do audiovisual.

Neste sentido, Jacobo Sutil, director da Agadic, que onte acompañou a Miguel Anxo Fernández e á vicedecana de Ciencias Sociais e da Comunicación, Beatriz Legerén, na presentación do curso, incidiu en que nestes anos "pasaron unos 50 profesionais en máis de 30 xornadas" e suliñou a importancia de que os alumnos "coñezan de primeira man a visión dos profesionais".

O 15 de marzo será a quenda da longametraxe 'Lobos sucios'; trátase da ópera prima de Simón Casal producida por Agallas Films, que acaba de presentarse no Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).

Finalmente, o Augal (no que xa está aberto o plazo de inscripción, que é gratuita, nas web de Agadic e da Universidade de Vigo), rematará o 5 de abril co foro "Como facer unha película de animación? Pasado, presente e futuro da animación en Galicia". O seu protagonista será Ángel de la Cruz, experto en animación premiado con 3 Goyas.

Como actividade complementaria, os profesores de Fotografía Jorge Lens e Carlos Soutelo realizarán retratos artísticos ós participantes para unha futura exposición, segundo anunciou a organización.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine