O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá entre o 10 de decembro e o 7 de febreiro a exposición "Virxilio Viéitez", na que se amosan 150 obras do fotógrafo grazas á retrospectiva coproducida polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo e a Fundación Telefónica.

A mostra rematará en Pontevedra a súa itinerancia despois de pasar por varias cidades.

O arquivo de Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes, Forcarei, 1930-2008) conforma un importante patrimonio cultural conservado pola súa familia. A súa filla, Keta Viéitez, foi a primeira en comprender o incalculable valor histórico e artístico do material fotográfico do seu pais, que expuxo por primeira vez nunha mostra autoproducida e presentada en 1997 nun espazo improvisado en Soutelo de Montes.

Para a actual exposición se tiveron en conta os negativos dende 1953 a 1980 e se analizaron máis de 50.000, recuperándose material inédito.