O programa de hoxe domingo, derradeiro día do Culturgal 2015, comezará de mañá con varias presentacións, como a do Festival Intercéltico de Moaña, 11.15 horas.

Só uns minutos despois terá lugar a do festival da lusofonía Cantos na Maré, 11.30.

O auditorio acollerá ás 12 horas o concerto de pago de presentación do libro-disco "Canta o Cuco. Uxía e Magín blanco na casa de Manuel María".

Ás 12.30 haberá unha sesión de papiroflexia para os máis pequenos con Nelson Quinteiro.

A miniseria "Vento Ferido", da Facultade de Ciencias Sociais, proxectarase ás 16 horas no salón de actos, mentrs que a presentación de "Un cesto de mazás" e "Do gris ao violeta" terá lugar ás 16.45 no Espazo Libro.

"Pan de Capazo", música de benvida ao Culturgal 2016, ás 20 horas, porá o punto e final a actual edición.

O programa completo pódese consultar na páxina web culturgal.com e nas redes sociais baixo o hashtag #presumedeculturgal.