Presume de Culturgal. É o lema da oitava edición da feira e o leitmotiv que repetiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a concelleira de Cultura de Pontevera, Anxos Riveiro, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, na inauguración desta cita: presumamos de cultura, de creatividade, de identidade e de capacidade de facer país ó visitar esta cita na que se cruzan públicos, axentes, difusiones e institucións.

Os 81 estands de empresas e colectivos profesionais (editoriais, librarías, asociacións, medios de comunicación, escolas de música, centros de deseño, concellos, compañías teatrais...) completanse con espazos para concertos, presentacións, encontros profesionais ou, por primera vez, a bebeteca para actos pensados para as primeiras idades.

Só na xornada de onte celebraronse 28 propostas diferentes, desde contacontos promovidos polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), á presentación da unidade didáctica "Estampas de Castelao", presentacións de espectáculos, relatorios, conversas con autores ou encontros arredor de temas como o patrimonio do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

A xornada de hoxe será aínda máis intensa, con ao redor de 50 actividades, moitas delas simultáneas nun programa por momentos inabarcábel, pensadas para distintos públicos.

Os nenos volven a ter nesta nova edición un especial protagonismo, como comprobaron as autoridades e o público no acto inaugural, no que apenas podían escoitarse os discursos polos berros dos escolares. Lonxe de preocupar ós organizadores, sinalaron que "hoxe non podería pasar nada mellor que escoitar as voces dos rapaces" nunha feira que "quere reinventarse en cada edición para sorprender", suliñou o presidente da Asociación Culturgal ó dar a benvida ós asistentes, e que se propón trasladarlles a nosa cultura, valores e creatividade.

Manuel Bragado tamén se felicitou porque se teña conquerido "un modelo de xestión sostible" no Culturgal, coa corresponsabilidade do público e a participación económica pública que representa un 60% do orzamento sumada ó 40% de achegas privadas.

"A cultura, ademais de ser o mellor que temos, o que nos fai máis felices, o que permite que desenvolvamos a nosa creatividade e a nosa imaxinación, tamén ten unha enorme capacidade para crear riqueza e emprego. E todo iso está presente aquí",indicou Carmela Silva.

Ésta felicitou especialmente ó deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, pola destacada presenza dos concellos da provincia e porque se les de a posibilidade de amosar a súa potencialidade cultural.

A presidenta provincial tamén fixo votos porque a vindeira edición de Culturgal continúe ligada, ó menos, á provincia de Pontevedra. "Aposto", manifestou a este respecto, "porque a novena Culturgal fágase tamén na provincia e estou segura de que será así. Esta neniña naceu aquí e queremos que cumpra aquí a súa maioría de idade".

Tamén a concelleira de Cultura e anfitriona da feira emplazou ós asistentes a "presumir de talento e creatividade" e destacou que a cultura é "un motor na xeración de emprego e unha contribución a unha sociedade máis xusta, máis formada e feliz".

O conselleiro de Cultura incidiu en que nas súas oito edicións a feira amosouse capaz de "liderar o sector cultural e adaptarse ós temas". Felicitouse porque no Culturgal "esté representada toda a nosa forza... Aquí está o mellor que tenos nós, que e nosa cultura, un gran potencial que nos enriquece e que tamén é industria, riqueza, emprego, que paga impostos".

A maiores, lembrou a capacidade da cultura para xerar país e crear "unha identidade galega aberta, plural e diversa".