A Deputación anuncia a continuidade do Encontro de Conservación e Restauración

19.11.2015 | 02:54

O V Encontro de Conservación e Restauración, organizado polo Museo de Pontevedra e pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, vén de iniciar esta mañá o programa de palestras que se celebrarán ata o venres 20 no Sexto Edificio. No acto de apertura, o deputado de Cultura, Xosé Leal, destacou o "carácter de referente no eido especializado da conservación e da restauración no que se sitúa este Encontro, e polo tanto o propio Museo de Pontevedra e a Escola de Conservación, tanto pola calidade do panel de relatoras como polo elevado número de persoas inscritas, que en todas as edicións supera as 200". Leal aproveitou, ademais, para anunciar que o departamento provincial de Cultura ten previsto dar continuidade a estas xornadas no vindeiro ano, polo que xa as contemplou nos orzamentos.

Na apertura da quinta edición do Encontro de Conservación e Restauración estivo presente o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, quen puxo en valor o bo traballo realizado nas anteriores edicións "o que facilita que os e as especialistas nas temáticas elixidas para cada edición acudan de bo grao a estas xornadas".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine