Queremos Galego Marín presentou un escrito solicitando a inclusión do Concello de Marín no acordo para a normalización linguistica entre a Deputación e os concellos do Morrazo. O colectivo expón que hai uns meses o Instituto Galego de Estatística publicaba os datos de uso de galego nas familias correspondentes ao ano 2011, nos que se pudo constatar a evidencia de que o galego é a lingua que sofre unha caída de falantes máis acusada de todas as que teñen rango de oficialidade no Estado. "Isto acontece porque as políticas da Xunta non só non están a garantir a recuperación do galego senón, polo contrario, están a potenciar a súa substitución", expón Queremos Galego. O colectivo considera que o Concello non debera desaproveitar esta oportunidade, polo que solicita que desde o Concello se estude a posibilidade de participar deste proxecto e establecer un servizo de normalización lingüística compartido entre os concellos do Morrazo.