O xornalista e escritor Fernando Salgado presenta hoxe ás 20.00 horas, no marco dos Venres do Ateneo, o libro titulado "El humo del diablo", do que é autor e editor. É a súa segunda obra despois de "Elefantes y hormigas". Durante a presentación proxectarase un documental audiovisual sobre o protagonista desta historia, José Antonio Iglesias "Toni". Trátase dun duro testemuño vital que ao longo de 156 páxinas se mesturan en realidade, novela e xornalismo.