A Asociación Queremos Galego Marín, dentro da súa sección "O Tiraverbas", presentará o mércores 4 de novembro o primeiro libro da escritora afincada no Morrazo Iria Collazo López, "Coma unha áncora". Este libro conta a historia dun naufraxio, ambientado en Moaña, con saltos tanto no tempo como no espazo. Para este acto que se desenvolverá no Museo Manuel Torres a partir das 20.00 horas a Asociación Queremos Galego Marín contará coa presenza da escritora e de Francisco Castro, escritor e editor de Galaxia.