| A Asociación Queremos Galego Marín organizou un magosto no que reparteu 100 quilos de castañas asadas de balde entre os asistentes. Celebrouse na Praza dos Reloxo coa colaboración da Concellaría de Cultura e coa axuda da Asociación Gharaboto e houbo xogos populares como billarda, petanca, a rá, os aros, as botellas, etc. A festa estivo animada polo grupo Os de Marín que tocaron pezas da música tradicional galega. Numerosos veciños da vila participaron neste magosto.