A Asociación Queremos Galego Marín celebrará o seu terceiro Magosto o sábado 24 de outubro a partir das 16.30 horas na praza do Reloxo de Marín, ao carón da igrexa vella. No caso de chover, o magosto trasladarase ao Multiusos da Praza de Abastos. Nesta festa tamén haberá xogos populares, a cargo da Asociación O Gharaboto.