A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro das actividades da Rede de Dinamización Lingüística, organizou no concello de Marín a actividade "Os Bolechas na máquina do tempo", un espectáculo de dinamización lingüística baseado en teatro de monicreques manipulados por actores á vista, no que a xente miúda terá oportunidade de acompañar a familia Bolecha nun novo concurso, pensado para o desfrute de rapaces de entre 3 e 8 anos. A actividade será o domingo 25 de outubro, ás 13.00 horas no Multiusos.