A Asociación Queremos Galego Marín presenta o novo libro de poemas de Rochi Nóvoa "Muller de papel", nun recital poético no que a propia autora, acompañada á guitarra polo músico Antonio Fernández, recitará os seus poemas e conversará co público asistente. O acto celebrarase o sábado 3 ás 18.00 horas no Museo Torres.