Parella no traballo e tamén no plano persoal

09.09.2015 | 04:50

-Sodes parella no laboral e no persoal...

-A. B: Efectivamente. Baobab somos os dous, porque ás veces parece como se eu fose só a cara visible. E podo asegurar que estamos ao cincuenta por cen cada un.

-Nunca vos cansades o un do outro?

-A. B: Hai momentos! (risos)

-O.F:Mentres outras parellas buscan tempo as fins de semana para pasar xuntos, nós facedos o contrario: separámonos para que cando ter algo que contarnos a golpe de luns (risos)

-Pero hai máis persoas en Baobab, non si?

-O.F: Si, aquí teño que dicir, e me apetece moito facelo, que este premio é un traballo absoluto de grupo, sen o resto non sería posible. Andrea e Xosé Manuel Esperante son os autores de "Luppo", Daniel Abalo encargouse da iluminación e do son e Juan Silva da montaxe.

-Cal foi o percorrido da obra ata o de agora?

-O.F: A primeira función que fixemos foi para escolares e en galego no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a principios de ano. Agora tivemos que reescribila, xa que ao ser outra comunidade autónoma houbo que representala en castelán.

-Cambiou moito?

-A.B: Para nós moito. Porque tivemos que eliminar todos os localismos que incluía o orixinal. En realidade, é como se houbera dúas estreas: en galego e en castelán.

-Chegará a ser finalista dos Premios Max, como a vosa produción "Fíos"?

-O.F: Encantaríanos, pero o sistema de votación é moi diferente. En Ciudad Rodrigo o que decide é o público directamente.

-Sairá de xira?

-O.F: Temos concertadas funcións por Galicia e outros puntos de España

-En que traballa agora Baobab?

-A.B: Agora estamos a tope co III Festival das Núbebes, organizado polo Concello de Pontevedra e que nós coordinamos. Comeza a vindeira semana en Pontevedra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine