O Clube de Opinión Portocelo organiza un acto na memoria do profesor Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, consistente nunha conferencia que baixo o titulo de "Xosé Filgueira Valverde: reflexións sobre a vida e as súas obras" será impartida polo director do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle, e presentada por lo crítico de arte e literatura Ramón Rozas. A conferencia será o martes 16 de xuño e comenzará as 20.30 horas no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres.

"Con este acto o foro de opinión marinense quere unirse a todas cantas voces se veñen facendo eco da importante traxectoria cultural do Profesor Filgueira Valverde, como quedou recoñecida ao terlle adicado o Día das Letras Galegas", explica o promotor do acto, Ángel García Carragal. "Como dato anecdótico traemos o recordo que Xosé Filgueira Valverde foi un dos primeiros conferenciantes que pasaron por este clube nada máis ser fundado hai algo máis de vinticinco anos", engade Carragal.