Corenta e un títulos chegaron onte á final dos Premios Ánxel casal, que celebraron en Pontevedra a súa décima edición. O Salón do Libro acolleu a entrega, na que a Asociación Galega de Editores (AGE) recibiu a escritores, tradutores, libreiros e editores.

María Lado e Lucía Aldao presentaron os premios, que recaeron en dez autores, obras e coleccións, editoriais e entidades.

A presidenta dos editores galegos, Laura Rodríguez, deu a benvida ós asistentes, e o ex presidente da entidade, Alfonso G. Sanmartín, leu a laudatio de Telmo Eiriz, da Editorial Galinova.

Polo que respecta ós premios, o galardón ao libro de ficción, que recoñece o mellor libro editado polos integrantes da AGE no pasado ano, recaeu en A viaxe da Gagarin, de Agustín Fernández Paz, publicado por Edicións Xerais.

Pola súa banda, o premio ao libro de non ficción foise para O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco F. Naval, publicado por Ediciones Linteo.

Como mellor libro de poesía ou teatro foi recoñecido o poemario Estrela do Norte, de Luís Rei, editado por Kalandraka Editora.

Ésta fixo doblete, xa que tamén lle correspondeu o Premio Isaacc Díaz Pardo ó mellor libro ilustrado, que recaeu en Leviatán, de Ramón Trigo.

A relación continuou co Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil, que se foi para Escarlatina e a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, publicado por Edicións Xerais.

En As floriñas de S. Francisco, traducido por Dario Xohán Cabana e editado por Alvarellos Editora, recaeu o Premio Lois Tobío ó libro traducido.

Polo que respecta ó libro educativo, ó que se reserva o Premio Xosefa Vilarelle, o gañador foi As mulleres galegas. Das marchas nómadas ás marchas mundiais das mulleres, de Pepe Carreiro, editado por Baía Edicións.

Traxectoria creativa

Nesta décima edición dos premios o galardón Xosé María Álvarez Blázquez, que cada ano recoñece a trayectoria creativa dun autor galego, recau en María Reimóndez.

Finalmente, la relación de premiados conclúe co galardón Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial durante o ano 2014, que correspondeu á Colección Rescate, de Alvarellos Editora; e o Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural, que recaeu nas Bibliotecas Escolares de Galicia.

As obras e autores finalistas, entre os cales o xurado seleccionou estes dez libros premiados, foron elexidos polos editores tras unha proposta de candidaturas de cada editorial.

Superada esa primeira fase, elexiu posteriormente ós gañadores que onte recibiron os premios un xurado formado por Pilar Fernández Ruíz, bibliotecaria e directora da Biblioteca de Pontevedra; Cano Paz, libreiro da librería Paz da cidade do Lérez; Alfonso G. Sanmartín, editor e expresidente da AGE; Ramón Rozas, xornalista; e Kiko da Silva, ilustrador e editor da banda deseñada.