A profesora e veciña de Marín Ana Acuña Trabazo presenta mañán, ás 20.00 horas no Museo Manuel Torres, o libro "Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)", nun acto organizado pola asociación Queremos Galego Marín, que recentemente otorgou á autora o Premio Língua de Ouro. Nesta presentación Ana Acuña estará acompañada de Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais, e as "madrigalegas" -como din os organizadores- María Xesús Nogueira, doutora en filoloxía da USC, e Olivia Rodríguez, profesora de teoría da literatura e literatura comparada da UDC. Acuña é doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Vigo. A maioría das súas investigacións (centradas no exilio e na emigración, nas relacións entre a fraseoloxía e a literatura popular, na literatura popular de transmisión oral, na oratura, no feito literario alofónico e nos escritores pontevedreses ou vinculados á cidade de Pontevedra) encóntranse en publicacións periódicas e en volumes colectivos, aínda que tamén publicou obras poprias.