Un hotel de Asturias que "desprezou o galego", Premio Lingua de Trapo

Ana Acuña recibirá o galardón Lingua de Ouro

01.07.2014 | 01:58
A presentación do programa de actos, onte, na Alameda.

A Asociación Queremos Galego de Marín concedeu o premio Lingua de Ouro a Ana Acuña Trabazo, doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Vigo, "polo seu labor científico-divulgativo do noso idioma". O premio negativo deste certame, o galardón "Lingua de Trapo", é para o Hotel Rural Arredondo, en Llanes, Asturias, "dado o desprezo mostrado pola súa propietaria nos comentarios que realizou cando unha muller presentou no seu currículo como mérito o coñecemento do idioma galego. Esta asociación lamenta que aínda existan actitudes negativas e prexuízos en contra das linguas minorizadas, como é o caso do galego".

O premio Lingua de Ouro para colectivos é para os equipos de Dinamización e Normalización Lingüística dos colexios públicos do concello de Marín, "pola súa dedicación e entusiasmo na difusión e valoración positiva da lingua galega, tanto entre o alumnado como nas súas familias".

A entrega dos premios terá lugar durante o transcurso dun acto o vindeiro venres, 4 de xullo, a partir das 20.30 horas na Biblioteca Pública Municipal, no que haberá música, petiscos e "algunha sorpresa".

A figura dos Premios da Lingua deste ano foi feita polo membro da Asociación Queremos Galego Marín, escultor e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Xoán Anleo. O colectivo presentou onte o programa de actos, na Alameda Rosalía de Castro de Marín.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Igor de Souza en su última etapa como jugador del Pontevedra CF. // Rafa Vázquez
El Pontevedra deja escapar a Ígor

El Pontevedra deja escapar a Ígor

El veterano delantero brasileño, que se había ofrecido al club granate, ha firmado por el Boiro...

Jugador de Asobal y también Youtuber

Jugador de Asobal y también Youtuber

El teucrista Edu Moledo se abre un canal de videojuegos en esta red social

La SD Caroi celebra su cuarenta aniversario

La SD Caroi celebra su cuarenta aniversario

Este sábado se hará un homenaje al club

Noventa años de Sociedad Gimnástica

Noventa años de Sociedad Gimnástica

El club prepara una agenda de actos, conferencias y exposiciones por su aniversario

El Open de Verano del Mercantil se acerca a las rondas por los títulos

El Open de Verano del Mercantil se acerca a las rondas por los títulos

Desde el pasado lunes se está disputando en las instalaciones del Casino Mercantil de...

Oda a la piragua en la ría de Pontevedra

Oda a la piragua en la ría de Pontevedra

El kayak a cuatro de los hombres del Vilaboa se adjudican la prueba por segundo año

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine