O Teucro acolle a Aña Urbana, un conxunto de ritos e costumes

Haberá actividades ao longo de todo o día

26.04.2014 | 02:12

A praza do Teucro será hoxe o centro neurálxico da cuarta edición da Aña Urbana que organiza a Concellaría de Festas en colaboración coa Asociación Cultural Trepia. A apertura da feira é as 11 horas.

A Aña é un conxunto de ritos e costumes que se desenvolven en torno aos traballos das labradas do mes de abril, especialmente nunha ampla zona da comarca de Mondariz-Paradanta.

Inda que existen diferenzas dependendo do lugar, existen uns trazos comúns: o traballo colectivo da terra unido a uns cantares específicos para a ocasión, e a execución de ritmos tradicionais tocando en sachas e leghóns. Nalgúns lugares atopamos tamén o baile do ramo, no que un mozo saca a bailar ás mozas levando en alto un ramallo de loureiro que se adovía con panos, rosquillas, lazos,...

Esta será a cuarta edición da Aña Urbana, unha xornada de difusión deste ítem cultural en Pontevedra, na que grupos de distintas zonas amosanas súas interpretacións da aña, froito do análise e traballo grupal que desenvolven. A intención é chegar ao ambiente urbano esta tradición que até non hai moito tempo se viña celebrando nas zonas rurais moi cercanas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine