O Concello de Marín, por medio da Concellaría de Cultura, convoca un premio de narración curta entre o alumnado que cursa seus estudos de Primaria e de primeiro e segundo da ESO, nos centros de ensino de Marín, "co gallo de dar un pulo á creatividade e a comprensión escrita dos rapaces de Marín na súa propia lingua, o galego".

O certame denominarase "XIII Premio de Narración Curta para Escolares Concello de Marín" e se convoca por mor do Día das Letras Galegas. Poden participar todos os escolares dos centros de ensino do municipio que cursen Educación Primaria e Primeiro e Segundo da ESO. Os traballos deben ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega cunha extensión máxima de tres páxinas escritas por unha soa cara. O prazo de admisión dos traballos pecharase ás 14.00 horas do día 25 de abril.

O xurado concederá tres premios por categoría, consistentes en material escolar e unha placa para o primeiro de cada categoría. Todos os traballos levarán un título e a categoría á que pertencen, sen especificar o nome do autor nin o do centro escolar.

A dirección de cada centro acompañará os traballos que presenten dentro dun sobre pechado cunha plica onde se indique o nome e apelidos de cada participante, título do traballo que presenta, idade e curso ao que pertence.

Narración Curta

Tamén se convoca o certame "XIII Premio de Narración Curta Concello de Marín", ao que poden concorreren todos os autores do ámbito nacional. Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos, cunha extensión limitada entre cinco e dez páxinas mecanografadas a dobre espazo por unha soa cara, polo menos, as cinco primeiras.

O tipo de letra será "Roman" ou "Times New Roman" ou similar a 12 puntos de tamaño e de temática a elexir. Os autores só poden presentaren cadanseu traballo e farano por cuádruplo (catro copias do relato) no Concello de Marín.

Se presentarán mediante plica na que se indique na súa parte exterior un lema que tamén figurará na primeira folla. Débense presentar antes das 13.00 horas do día 25 de abril e neste caso concederase un único premio de mil euros. O xurado publicará o seu fallo nos medios de comunicación e porase en contacto co autor.