A Casa da Cultura de Seixo acolleu a presentación da "Plataforma Cívica Galiza Pola Soberanía", unha organización integrada por persoas adheridas individualmente, "que buscan a toma de conciencia do pobo galego nun proceso de construción nacional cara unha soberanía plena como nación". Trátase, explicaron, "dun colectivo independente doutras organizacións, alicerzada nos movementos populares e sociais do país e a bisbarra".