O rock máis rachador, en galego

Pontevedra acolle un certame que leva a música na lingua propia ás salas comerciais

10.04.2014 | 01:17
O edil de Normalización, onte, xunto a os colaboradores Roberto Fernández e Marcos Rivas. // R. Vázquez

O Galegote Rock chegará á súa terceira edición os vindeiros 24, 25 e 26 de abril como unha das propostas underground da música na lingua propia. O certame, que terá na Sala Karma e El Pequeño os seus dous escearios, converterá Pontevedra na capital do rock autóctono. A proposta prosegue co seu obxectivo de achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar estes grupos profesionais.

El Pequeño acollerá a primeira das tres xornadas, con entrada de balde para asistir ás actuaciónes de Banda do Terror (22.00 horas) e o dj O Xabarín de Bora coa súa versión de clásicos do rock, especialmente do Xabarín (00.00 horas). A actividad do segundo día, o vernes, divídese entre os dous locais. Na Sala Karma será o primeiro acto, coa actuación de Machina e Transilvanians a partir das 22.30 horas (entradas a catro euros). A festa trasladarase despois a El Pequeño, con acceso de balde para a sesión dj do Fillo do Fiusa, cunha proposta indie-rock de bandas galegas.

Para rematar, o sábado serán Frenaso no Calsonsillo e Familia Caamagno, -considerada como a banda de moda- os grupos que actuarán na Sala Karma, tamén dende as 22.30 y cun prezo de catro euros por entrada. Nano Vinila porá o punto final en El Pequeño coa derradeira sesión dj, neste caso centrada en clásicos das bandas galegas.

A Concellaría de Normalización Lingüística que dirixe Demetrio Gómez é a encargada de pór en marcha esta nova edición dun certame único en Galicia. O edil estivo acompañado onte na presentación por dous colaboradores da escea musical pontevedresa, Roberto Fernández e Marcos Rivas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine