O próximo sábado, 12 de abril, o Colectivo Nacionalista de Marín, o Movemento Galego ao Socialismo e Partido Comunista do Povo Galego organizamos un acto público co título "Capitalismo, Crise e Soberanía. Unha visión desde Andalucía", que contará coa presencia de Antonio Torres membro da dirección nacional do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT) e Secretario Xeral de Andalucía Comunista. Será na Biblioteca municipal de Marín ás 18.00 horas. Este acto "pretende dar a coñecer, comparar e pór en común a experiencia de dúas realidades nacionais distintas, desde unha perspectiva anticapitalista e soberanista", e dende o punto de vista de Antonio Torres.