Colectivo Nacionalista de Marín denuncia que o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial "fai desaparecer os partidos xudiciais, os xulgados de paz e abre a porta á desaparición do xulgado de Marín". Para esta formación, a aprobación da "Lei de Gallardón", que supón a centralización dos distintos xulgados que existen na actualidade, provoca a desaparición dos partidos xudiciais, como o de Marín, "que pasarían a depender dun Tribunal Provincial de Instancia".

Critican que reforzariase a figura da provincia como elemento administrativo, ao se crearen tribunais de instancia uniprovincial e, ademais, "afastariase a Administración do administrado, xa que as actuáis demarcacións ficarían suprimidas e só contarían co que se denominan no anteproxecto sedes desprazadas". Denuncia ademais que este anteproxecto vai facer desaparecer os xulgados de paz, transformándose estes en simples "puntos de acceso aos termináis do rexistro civil", é dicir, "converter os xulgados en caixeiros".