Nos derradeiros anos deuse un debate ficticio sobre espazos nos que crear e consolidar actividades empresariais vencelladas quer o desenvolvemento portuario quer o desenvolvemento industrial e comercial do noso concello. A simbiose perfecta atopouse nun deses neoloxismos ou eufemismos tan de moda no ámeto dos think-thank e do managament: porto seco. As primeiras veces que o escoitamos rechiaba nos miolos: ós que somos de mar parecíanos unha chuminada contranatura iso dun porto sen barcos e sen auga, mais como os que o nomeaban era xente lustrosa e sesuda nin o cuestionabamos.

O uso histórico dunha instalación portuaria vinculábase o seu papel de pasarela ou by-pass entre un territorio económico do que xurdían as mercadorías que por el saían e outro territorio -normalmente mais amplo- do que procedían as mercadorías que demandaba o territorio que rodeaba o porto: o que agora dáse en chamar hinterland e foreland. Un porto era o que seu hinterland demandaba e o que seu foreland importaba. Esta visión e misión tradicional muda drásticamente cando o porto convertese, nuns casos por vocación e noutros por necesidade, en polígono industrial ou comercial: casos de Barcelona, Valencia e -de forma simbiótica- Marín. Nesta mudanza prodúcese -no ameto da UE primeiro y no do Estado Español despois- un cambio de visión, misión e función: o porto muda de infraestrutura de servizos no que prima a función nodal e pública nun equipamento industrial e comercial no que prima a función financeira e empresarial: acabamos de chegar o "Porto do Estado-Empresa". Ese, a conversión nunha unidade empresarial, pura e estritamente capitalista é o nodo do asunto e non a existencia dun porto ou polígono seco que -de seu- no ten cabida nun porto senón se entendera este coma unha empresa que mais vaise lucrar polas tasas ou tarifas de ocupación de chan e concesións que polas que proveñen do tráfico portuario .

Un dos paradigmas desta mudanza témola no porto de Marín que, nun aposta puramente mercantilista, muda cada vez mais para seren mais polígono e menos porto. Para mostra un botón: ¿qué fai o porto de Marín, a Autoridade Portuaria de Marín, para prepararse para afrontalos tráficos do futuro vinculados á diversificación de mercadorías vía containerización e buques post-panamax?

A AA.PP. de Vigo ten practicamente rematada unha nova plataforma para estes tráficos e buques. Pola contra a AA.PP de Marín, e algúns colectivos sociais, parecen estar mais preocupados por converte-la AA.PP. en promotora inmobiliaria que en xestora dun ben público. Non debemos evitar reflexionar sobre o clarísimo proceso de privatización das AA.PP. de menor tamaño e eficiencia que, en poucos meses, pode converter o porto de Marín nunha sucursal da empresa ou empresas monopolísticas nos tráficos portuarios. Ese é o debate secuestrado; non si temos porto seco ou como diría un castizo "dry port".