Caldas acolleu a entrega dos premios do primer concurso literario "Letras Novas" organizado por Galiza Nova, unha iniciativa encamiñada a fomentar a creación literaria na lingua galega e que na sua primeira edición contou con mais de vinte traballos presentados. Saliron gañadores o presentado por Ana Torres na categoría de relato curto de menores de 18 anos; María Veiga, en relato curto para maiores de 18; Laura Casal, en poesía de menores de 18; e Patricia Fontenla, en mayores de 18.

O acto contou coa participación da popular filóloga e escritora Teresa Moure, que ofreceu unha conferencia baixo o título "A lingua na encrucillada" nos que analizou diversos problemas polos que atravesa o galego hoxe en día froito do fracaso das políticas de normalización que se viñeron aplicando tradicionalmente.

Galiza Nova entende que deben ser os concellos os que deben poñer as ferramentas a disposición da xente para potenciar o galego e a súa literatura, a través da celebración de certames literarios, talleres de teatro e representacións teatrais, así como conferencias.