Os máis novos da casa foron onte os máis madrugadores no día festivo. Ata 70 xogadores, na súa meirande parte nenos, sumaronse ó longo da mañá ás actividades organizadas pola Escola Xadrez Pontevedra en colaboración coa Asociación de Veciños de Santa María. Baixo os soportais do Campillo instalaronse mesas para as partidas rápidas e simultáneas impartidas por mestres internacionais.

Tamén se celebrou un taller no que os máis novos iniciaronse no mundo das 64 casillas.,

O presidente e director técnico de la Escola, Daniel Rivera, explica que "caeu unha treboada ó pouco de empezar as actividades, poderían ter vido máis nenos pero polo mal tempo houbo unha menor afluencia".

Todos os participantes recibiron como agasallo unha medalla e tamén un libro. Non foi o único reparto de obras da xonada, xa que o Museo Provincial tamén festexou o día adicado á nosa lingua agasallando ós seus visitantes adultos con publicacións.

Ademade, puxo á venda outras obras a un prezo reducido.

Pola súa banda, os nenos foron convidados a asistir á repreesntación de "Camiño de historias", un espectáculo de Migallas Teatro pensado para o público familiar e centrado na tradición oral.

Á súa vez, os veciños do Burgo repetiron a súa cita de cada 17 de maio na prazada de Curros Enríquez, onde elaboraron o alfombrado floral que ambientou a homenaxe popular a Roberto Vidal Bolaño.

A chuvia tamén fixo acto de presencia na homenaxe, que se celebrou baixo os paraugas. O acto incluiu un recital poético e as actuacións da Coral Polifónica de Sobradelo, o Coro da Asociación Sociocultural O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra.

Tamén houbo música no Teatro Principal, neste caso a cargo da Banda de Música de Salcedo, un concerno no que as composicións de autores galegos, caso de "Pontus Veteris" de A. Montes ou "Silleda, Pobo e Música" de J. L. Diéguez, foron as grandes protagonistas.

tras desta xornada familiar, continúan hoxe as actividades vinculadas ó Día das Letras. Será a quenda da décima edición da Festa da Lingua, unha cita que organizan a Asociación Revira e o Centro Social en Pé.

Y tras esta jornada familiar, continúan hoy las actividades vinculadas al Día das Letras con la décima edición de la Festa da Lingua que organizan la Asociación Revira y el Centro Social En Pé. Comezará ás 14.30 horas cun xantar popular.

Ás 19 horas celebrararse na praza da Verdura un intercambio de Libros viaxeiros e un recital poético. O programa continuará cunha sesión de regueifa e ás 21 horas as actividades trasladanse ó local de En Pé, na rúa Sarmiento, onde haberá unha foliada popular con degustación de chourizos.

Pola súa banda, as corais festexarán o "día grande" adicado á lingua dos galegos cun concerto que se celebrará no Teatro Principal a partires das 21 horas.

Participarán nesta actuación as corais de Mourente, Chopo, Alameda, Bella Helenes e Airiños de Campañó.

También hoxe remata o concurso sobre o galego no comercio Atopa o Erro!, un programa que organizan o Concello e o Casino Mercantil. Éste tamén acolle atá mañá a mostra "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!".