MARÍN

Marín quere galego

A vila honrou á lingua de Galicia con actividades como a presentación dunha triloxía de literatura infantil, entrega de premios de dous certames de poesía e unha obra de teatro

18.05.2013 | 00:00
Elena Gallego atende a algúns dos seus xóvenes lectores. // G.S.
Elena Gallego atende a algúns dos seus xóvenes lectores. // G.S.

As asociacións Queremos Galego e San Tomé de Piñeiro, ademais da Concellería de Cultura, organizaron os actos centrais cos que Marín festexou o Día das Letras Galegas e as homenaxes ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. A presentación dunha triloxía de literatura infantil, a entrega de premios de dous concursos de poesía e unha representación teatral na Casa da Cultura de San Tomé de Piñeiro conformaron os actos cos que se celebrou esta data.

A primeira das actividades coas que Marín festexou o Día das Letras Galegas, organizada pola asociación Queremos Galego de Marín, consistíu na presentación da triloxía de literatura infantil "Dragal", escrita pola marinense Elena Gallego. As homenaxes á lingua de Galicia e ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño continuaron na Biblioteca Municipal, coa lectura dramatizada colectiva de textos do autor lembrado este ano. Para esta lectura, a asociación Queremos Galego Marín contou coa axuda do autor, actor e director teatral Zé Paredes.

Lembraron que Vidal Bolaño é considerado coma unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego. "Desde os seus inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable".

Por outra banda, o xurado avaliador do XVI Certame-Premio de Poesía Concello de Marín entregou tamén onte o galardón deste concurso ao traballo presentado por Alba Quintairos Soliño, coa obra "Aurora". - dentro do XVII Premio de Poesía para Escolares Concello de Marín, tamén se entregaron os diferentes galardóns.

Na categoría de Educación Primaria (1º e 2º cursos), foi para a obra "Villa de Marín", de Breixo Curra Vidal, alumno do colexio Carballal. O segundo premio foi para "A primavera" de Lucía Dorado de Sousa, do colexio A Inmaculada. O terceiro galardón logrouno "O meu xirasol", de Xiana Miniño Lorenzo, alumna da Laxe.

Na categoría de Educación Primaria (3º e 4º) as pezas gañadoras foron "A miña aldea" de Diego Budiño Laíns, da Inmaculada; "O esquío", de Xavier Graña Lobeira, escola de Ardán; e "Miña avoa", de Paula Gómez Núñez, colexio A Inmaculada.

Na categoría de 5º e 6º de Primaria, os gañadores foron "O Camiño de Santiago", de Adriana Ferreira Pereira (A Inmaculada); "Xa chega o verán", de Inés Piñeiro Guimeráns (Carballal); e "A miña familia", de Andrea Montes Moreira (A Inmaculada).

dentro de 1º e 2º da ESO, os galardóns foron para "Bicos", de Rodrigo Sobral Diz; "Voa", de Pablo Varela Area; e "O soñador" de Carmen Salgado Ave, os tres do colexio da Inmaculada.

Para pechar a xornada festiva, a asociación cultural San Tomé de Piñeiro organizou unha representación teatral na Casa de Cultura. Ó rematar a obra entregáronse tamén os premios e diplomas do IV concurso literario organizado por esta asociación.

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine