O centro cultural Xaime Illa de Raxó convértese ao longo desta xornada no punto principal do programa de conmemoración das Letras Galegas en Poio. Pola mañá, a partir das 11.30 horas, haberá sesións literarias de amenización para os máis pequenos, así como a actuación do grupo A cara dos contos. Se a meteoroloxía o permite, no exterior, con saída dende o porto de Raxó, se disputará a carreira escolar "Pola nosa lingua". Xa pola tarde, dende as 17.30 horas, entregaranse os premios da edición máis participativa do certame poético e narrativo que tamén leva o nome de Xaime Illa.