A Asociación Queremos Galego Marín organiza para este venres dúas actividades para celebrar o Día das Letras. A primeira terá lugar a partir das 12.00 horas na biblioteca, coa presentación da triloxía "Dragal" de Elena Gallego. A partir das 20.00 farase unha lectura dramatizada colectiva sobre Vidal Bolaño.