Volve o rock feito en galego

O festival Galegote propón 4 días de música en salas da cidade

08.03.2013 | 07:36
Ataque Escampe nun concerto. // Lucía Mallo
Ataque Escampe nun concerto. // Lucía Mallo

Rock feito en galego e dende Galicia. É a proposta de Galegote, o programa de concertos que chega á súa segunda edición con formato renovado: reducese de 3 meses a unha fin de semana e unha presentación musical previa e agora busca as novas propostas de bandas galegas como O neno Elliot, O Marqués das Vinñas ou Ataque Escampe.

"Hai toda unha escea musical independiente, a pe de rúa, en galego e que ten dificultades para chegar ó circuito comercial, por eso este festival busca poñer en relación ós grupos coas salas para impulsar estos circuitos", explica o concelleiro de Normalización, Demetrio Gómez, ó presentar o Galegote Rock, unha cita que se desenvolverá a partires do vindeiro 5 de abril.

Ese día actuarán na Sala Karma O neno Elliot e Os amigos dos músicos. Será "un espectáculo pouco común no que se funden temas de ámbolos dous", sinala Marcos Rivas, de Karma.

Tras desta presentación a seguinte proposta será o 11 de abril. Pequeño Karma será escenario do concerto de Roger de Flor e O Marqués das Vinñas, unha actuación que será de balde.

Ó día seguinte subirán ó escenario da Sala Karma Terbutalina (que mesturan rock con garaxe punk), Martelo e Roxy Freire e o Galegote pechará o sábado 13 con Ataque Escampe (considerada unha das bandas en galego máis recoñecidas no panorama español) e os pontevedreses Fervellasverzas.

A organización sacará á venda abonos para toda a programación ou para concertos puntuais.

O abono á presentación máis ós concertos poderá mercarse por 12 euros; por 8 o ciclo de concertos e por 6 cada actuación. Pola súa banda, a asistencia á festa de presentación terá un custo de 5 euros.

A venda anticipada será en La Casa Winchester, Rei Zentolo, Pequeño Karma e www.entradasgo.com ou en www.ticketea.com.

Deportes Pontevedra

Luisito: "Defendimos con una parsimonia tremenda"

Luisito: "Defendimos con una parsimonia tremenda"

"Así no vamos a ningún lado, no entreno a cadetes, sino a profesionales", aseguró

Soluciones al atasco a base de movilidad

Soluciones al atasco a base de movilidad

El equipo necesitaba una revolución. El Pontevedra había completado una primera...

El Pontevedra tropieza en su debut

El Pontevedra tropieza en su debut

Los errores defensivos condenaron al equipo granate, que encajó un tanto en el primer minuto

Derbi de altura para empezar la liga

Derbi de altura para empezar la liga

- El Pontevedra debuta esta mañana esta temporada en el campo de Barreiro (12 horas) contra el...

La SD Teucro vence y convence

La SD Teucro vence y convence

Los azules le devuelven la derrota al Braga (33-31) en el debut en casa de la pretemporada -...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine