O xuíz que quixo á súa lingua

A Irmandade Xurídica Galega e o responsable de Política Lingüística lembran o traballo de Bouza Brey a prol do galego

 07:59  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Unha imaxe da homenaxe a Bouza Brey que celebrou a Irmandade Xurídica Galega.  // Rafa Vázquez
Unha imaxe da homenaxe a Bouza Brey que celebrou a Irmandade Xurídica Galega. // Rafa Vázquez 

"Un acto de xustiza a unha persoa comprometida coas causas xustas". É, en palabras do responsable de Política Lingüística, o recoñecemento público que agora se lle brinda a Fermín Bouza Brey, protagonista do acto de homenaxe que se celebrou onte na praza dos xulgados da Parda e no que se descubriu un busto do maxistrado que quixo unha xustiza enraizada no seu pobo.

S. REGUEIRA - PONTEVEDRA Modernizar a xustiza e entendela como un ben que ten o deber de fundir a súas raíces no pobo e na cultura de Galicia. Son claves da vida e da obra de Fermín Bouza Brey (Ponteareas, 1901- Santiago de Compostela, 1973) que foi xuíz pero tamén etnógrafo, escritor, académico e historiador ó que a súa militancia galeguista costoulle incluso ser apartado da maxistratura.
Foi tamén un pioneiro da poesía e de feito consideraselle iniciador do neotrovadorismo que logo seguirían outros autores como Cunqueiro.
A Irmandade Xurídica Galega lembra estas facetas, e moi especialmente a súa loita pola presenza da nosa lingua na xustiza, no ciclo de homenaxes que adica a Bouza Brey, un programa que xa incluiu a presentación da obra "Fermín Bouza Brey, xuíz e galeguista" e que continuou onte coa descuberta do busto do maxistrado.
A obra érguese agora na praza que leva o seu nome, diante dos xulgados de Pontevedra, a cidade na que cursou parte do seu Bacharelato. É un busto de bronce do maxistrado erguido sobre a base de pedra que realizaron na Escola de Canteiros.
Na homenaxe (na que se deron cita as principais autoridades da provincia e da cidade) o responsable de Política Lingüística convidou aos asistentes a difundir e continuar o legado de Bouza Brey: "É hoxe parte da nosa tarefa, dos que cremos que a nosa lingua é viva e ten futuro".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
GALERÍA: EL OLIVO HUELE EL ASCENSO
+ VER GALERÍA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
88%
No 12%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
51%
No 49%
 
Ver más encuestas »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad