EN DIRECTO
JUAN JOSÉ CALVO FREIJO - Cultivador de cabaza

"Cun pouco de publicidade a Feira da Cabaza volvería ser o que era"

Un mercado, obradoiros para nenos e adultos e música celebran hoxe a Feira da Cabaza

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Juan José Calvo Freijo (Campañó, Pontevedra-1950) cultiva cabazas dende neno. Xa participaba coa súa familia na desaparecida feira do 25 de marzo na Virxe do Camiño na que se vendían aparellos e produtos de horta. No ano 2000 contribuiu decisivamente á recuperación da Feira da Cabaza.
Juan José Calvo Freijo (Campañó, Pontevedra-1950) cultiva cabazas dende neno. Xa participaba coa súa familia na desaparecida feira do 25 de marzo na Virxe do Camiño na que se vendían aparellos e produtos de horta. No ano 2000 contribuiu decisivamente á recuperación da Feira da Cabaza. 

S. R. - PONTEVEDRA Gañou premios pola calidade dos seus cultivos de cabaza e recibiu a homenaxe dos cidadáns de Pontevedra polo seu traballo a prol da recuperación da Feira da Cabaza, á que califica de “unha boa oportunidade para recuperar e reivindicar a orixe labrega da comarca”. Juan José Calvo Freijo é un dos horticultores que mantén vivo un cultivo escaso na comarca e que lle ven de familia. Él lembra cando os pontevedreses se xuntaban cada marzo para falar de apeiros, terras e tomar un viño, unha tradición de encontro que se repetirá hoxe na nova edición da Feira-festa da Cabaza.

—Cando comezou a sementar cabazas?


—De sempre, xa as cultivaban miña nai e meu pai. A cabaza aquí en Pontevedra viña da famosa feira da Virxe do Camiño, que se celebraba onde hoxe é a praza de Compostela, alí había unha capela e facíase unha feira onde se vendían ferramentas para a labranza.

—Que lembra daquela primeira feira?


—Eu lembro que había moitas cousas para o carro, para traballar o campo etc. Facíase sempre a feira o 25 de marzo porque logo xa viñan os meses de abril e maio nos que había que labrar e a xente ía á feira a mercar os aparellos. Era unha feira moi importante, de feito viña xente de todos os sitios da provincia, Pontevedra vestíase de festa e había en todos os bares callos, chourizos, cocidos, pratos de festa. E tamén entre outras cousas vendíase a famosa cabaza, pero todo eso co tempo foise perdendo, chegou a tecnoloxía e as ferramentas caeron en desuso.

—Para que se empregaban as cabazas?

—A cabaza era o que se empregaba para o transporte de líquidos porque daquela aínda non había plástico e sí había cristal pero eran máis empregadas a cabaza de peregrino para levar a auga ou o viño. Tamén os peregrinos a levaban, de feito chámase así por eles, e empregaban para entre manantial e manantial do camiño ter algunha bebida.

—Cantas variedades de cabazas hai?


—Moitísimas, por exemplo somentes na cabaza peregrina, que é esa dura, hai ao mellor 700 variedades, porque é comestible e da para facer chulas, recetas con garbanzos etc.

—A pesares de desaparecer a feira mantivose no concello de Pontevedra a tradición de sementar cabazas. Quedan moitos cultivadores?

—Si, mantívose porque esa feira tiña moita tradición e de feito moita xente a lembra. No municipio de Pontevedra mantivose a tradición, sobre todo na parroquia de Campañó, pero non moito, agora xa non hai tanta ilusión porque antes, por exemplo, daba premios á máis bonita, a máis grande, a máis decorada, pero últimamente non e a xente desanimase. Ademáis hai pouca venda, non sei se por falta de publicidade pero o público non se entera de que vai haber feira, a xente enterase despois e non sabe de qué vai, se houbera publicidade, con máis tempo e premios para os rapaces que mellor traballaran as manualidades con cabazas pois daríaselle un pulo novo.

—O Concello recurriu a vostede para recuperar a feira e darlle a súa actual orientación...


—Plantexoume recuperala e, xa que os apeiros desapareceran, darlle un novo pulo á cabaza e agora a mellor utilidade que se lle pode dar á peregrina é facer manualidades, decoracións, adornos etc. Podense facer todo tipo de manualidades porque se poden decorar, pintar, tallar etc. A cabaza era útil a principios do século XX e segueo a ser agora, neste caso para decorar, de feito eu teño feito algunha exposición. A principios do século XX ademais de usarse para levar líquidos a usaban os bañistas de flotadores, os pescadores enriba das nasas para as redes, como regadeira nas aldeas etc, tiña moitas utilidades e aínda agora se ve en moitos países como as teñen colgadas para gardar os líquidos. Esta nova feira aínda non ten moita sona, moita xente non sabe dela, pero penso que con máis publicidade volvería ser o que era.

COMPARTIR
 
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
+ VER GALERÍA
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009