EN DIRECTO
FERNANDO M. VILANOVA - Historiador, comisario da exposición adicada ó centenario de Luis Seoane

"Seoane foi unha figura única, erudito, artista e un exemplo ético sin parangón"

A mostra "Luis Seoane. Razón e compromiso" abre hoxe ás 20 horas en Caixanova

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Fernando Martínez Vilanova, comisario da mostra
Fernando Martínez Vilanova, comisario da mostra "Luis Seoane. Razón e compromiso". // Rafa Vázquez 

S. REGUEIRA - PONTEVEDRA “Luis Seoane foi unha das figuras máis importantes do século XX en Galicia pola súa grande capacidade intelectual, foi un gran erudito, un gran artista e un gran promotor da artesanía industrial e, sobre todo, foi un home moi comprometido. Esos aspectos convírteno nunha figura única, un exemplo ético sin parangón en Galicia”, sinala Fernando Martínez Vilanova, comisario con Carlos L. Bernárdez da primeira exposición que se celebra no centenario do pasamento deste autor, unha mostra que se exhibirá a partir de hoxe no centro social Caixanova.

—Ata que punto é importante o papel de Luis Seoane na arte galega?


—Foi un home que chega á arte galega tardiamente, cando xa está no exilio e debido á sua curiosidade e erudición coñece o mundo artístico que o rodea, non somentes o de América Latina senón o de todo o mundo en xeral, os movimientos da vangarda, e o que fai é conectar directamente coa formación renovadora na versión máis moderna que representaba Carlos Maside, eso quere decir un arte con compromiso pero sen renunciar ó progreso artístico das vangardas, neste sentido vai ser o home que catapulte o pensamento que en literatura fixo Manuel Antonio e produce unha obra sintonizada no mundo do cubismo, do suprematismo, incluso do movemento futurista, unha obra sin precedentes no seu momento e que en realidade vai supoñer o enlace entre as oríxenes e novas xeracións de artistas, sin ningunha contradicción é quen de transmitir esa idea.

—Foi tamén un exemplo de actividade empresarial?


—Si, porque agora que está tan de moda a idea de I+D, é de destacar que él foi o primeiro en entender que o mundo empresarial, sobre todo no eido das artes industriais, necesitaba que se lle imprimise unha dinámica renovadora, de progreso, que non perdera as raices e que servise para facer un produto de gran calidade que fora transmisor do país que somos. Neste caso herdar a tradición cerámica e as formas que descubrimos e mantivemos culturalmente durante séculos.

—E o resultado foron as cerámicas de Sargadelos..


- Sargadelos foi un fenómeno aínda non valorado no seu momento, unha empresa que é nosa (todos temos un anaquiño dela nas nosas casas) pero realmente representou un suceso non só a nivel galego senón europeo: unha empresa prestixiada, as súas formas chegan actualmente a todos lados, é unha das nosas mellores embaixadoras no mundo. E todo eso débese non só a Luis Seoane senón a un feixe de intelectuais que desde Bos Aires e partires dunha primeira empresa conseguiron crear esa gran empresa que é un modelo, tanto que tamén o intentaron os sastes novos de Galicia.

—Referiunse ó compromiso ético de Luis Seoane. Pode contar como se comportou cando multaron a un cura por dar misa en galego?


—O seu compromiso ético é algo que hai que ter moi en conta, porque moitas veces con voces apócrifas deixou constancia da súa solidariedade. Precisamente o outro día soubose que o sacerdote que deu a primeira misa en galego foi multado cun pago de 75.000 pesetas, que nese tempo do franquismo era unha cantidade enorme e que ao final acabounas pagando e de xeito anónimo Luis Seoane, nese sentido é un home dunha exemplaridade inconmensurable e nós queremos ser os primeiros que no seu centenario lle renden homenaxe con esta exposición que gracias a Caixanova percorrerá a Galicia sur para que a suxa obra sexa máis coñecida e valorada, é o menos que os galegos lle debemos.

—Coñecese suficientemente a obra deste autor ou moi desdibuxadamente, coma a doutros artistas galegos?


—Polo menos é unha das figuras máis recoñecidas mundialmente: no Museo de Arte Moderna (MOMA) de Nova Iorke está recoñecida a obra de Seoane e as subastas de España reflexan un pouco o pulso da súa obra, que se cotizou ao nivel da Escola de Vallecas, co mellorciño da súa época no estado español. Foi un home extraordinario, como proban tamén as súas relacións internacionais, que fixeron que tivera amizade con autores como Picasso ou Henry Moore, tamén foi un erudito que escribiu e foi un gran editor de libros maravillosos como Homenaje a la Torre de Hércules que o concello da Coruña, na posta de largo da torre como Patrimonio da Humanidade, pudo ter a xentileza de reeditar. E houbo libros que, como alguén dixo, foron “os libros máis maravillosos que se fixeron na súa época” e de feito o libro sobre a torre de Hércules recibiu un premio en Nova Iorke.

COMPARTIR
 
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
+ VER GALERÍA
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009