EN DIRECTO

Un salón para cidades de libro

O evento cultural prevé recibir máis de 20.000 visitantes ata o 14 de marzo

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Unha sesión de contacontos
Unha sesión de contacontos  R. V.

Cidades imaxinadas ou vistas a diario, pequenas, lonxanas ou nosas, cheas de portas, chemineas, gatos, luces e alamedas. As cidades sostibles, as retratadas, as futuras...Todas teñen cabida no Salón do Libro Infantil e Xuvenil que onte abriu as súas portas en Pontevedra e no que, un ano máis, os nenos son os grandes protagonistas. Con eles, os libros e o escritor Agustín Fernández Paz (Vilalba-1947) ao que rinde homenaxe este undécimo Salón. A previsión é que máis de 20.000 visitantes, na súa grande maioría escolares, pasen ata o 14 de marzo polas actividades e exposicións desta cita co imaxinario dos máis pequenos.

S. R. - PONTEVEDRA Nun salón adicado ás cidades, a inauguración non podía ser menos que a recreación destes espacios para a colectividade. O reto cumpriuno a Aula Folque Infantil, un grupo formado por escolares de 6 a 13 anos que ambientaron un peirao, unha grande urbe, unha praia ou o mercado.
Trescentas persoas aplaudiron o espectáculo de danza, música, teatro e video-creación titulado "Cidades Imaxinarias" porque, como lembrou a concelleira de Cultura, este salón abrangue todas as cidades posibles e o seu obxectivo é "facer xurdir o agromo do amor polo libro no primeiro paso por entrar no mundo da literatura".
Tamén o alcalde lembrou que a protagonista non é só Pontevedra "senón todas as cidades do mundo" e fixo votos por unha cidade sobre todo dos nenos na que "o galego xexa a vosa lingua normal, un idioma do que temos que estar orgullosos". E tras o espectáculo e as intervencións das autoridades, os nenos tiveron oportunidade de coñecer todas esas urbes coas que soñan os seus compañeiros de xeración.
Porque só na exposición de traballos escolares participan máis de 50 centros da comarca de Pontevedra, con propostas para todo tipo de gustos: desde as pensadas para a sinxeleza de movimentos dos primeiros lectores ás instalacións en tres dimensións que presentan centros como o IES A Xunqueira ou o CEIP A Laxe, unha casa na que cada porta e fiestra se abre a parques, alamedas...
Tamén hai propostas con materiais reciclados como botellas, papeis, etc., como a instalación que presenta o colexio Vidal Portela, mentras os alumnos do Parada-Campañó deseñaron un buzón de correos para que á cidade imaxinaria non lle falte de nada.
Tamén están as ambientacións que sirven de escenario para os obradoiros e, especialmente, as sesións de contacontos, que se desenvolven nunha noite cos edificios iluminados.
As exposicións de homenaxe a Agustín Fernández Paz e de Xosé Covas baseadas no Libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. Docampo son outras das propostas do salón.
Agustín Fernández Paz foi un dos convidados a inauguración que gabou a gran creatividade do salón "que é unha aventura formidable, todos os anos me abraio de como consiguen facer un esforzo de creatividade tan grande, cada ano se superan os traballos dos colexios e algúns son impresionantes".
Esta cita coa cultura abre as portas de martes a venres de 17 a 21 horas, os sábados de 11 a 14 e de 17 a 21 e os domingos e festivos de 11 a 14 horas. A maiores, nas horas da mañá recibirá as visitas concertadas cos colexios. Hoxe asistirán ás representacións de "Rosalía, a pulga que escribía", que tamén se representará ás 18.30 horas no Pazo e que se recomenda para nenos a partir dun ano. Os máis maiores, pola súa banda, poderán asistir no Café Moderno ás 19 horas á presentación de "Aperta coruñenta, manifesto das cidades-barco" a cargo de Xurxo Souto.

COMPARTIR
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009