50 anos de cartas de amizade

Unha obra reúne a correspondencia entre Filgueira Valverde e Otero Pedrayo de 1927 a 1975

 06:30  
A transcriptora das cartas toma a palabra, onte, na presentación do epistolario no Museo.
A transcriptora das cartas toma a palabra, onte, na presentación do epistolario no Museo.  R. V.

Dous dos persoeiros máis destacados da cultura galega do século XX, Ramón Otero Pedrayo e Xosé Filgueira Valverde, mantiveron durante medio século unha amena correspondencia que se recolle agora nun epistolario. Éste testemuña os variados intereses dos dous autores, por exemplo a súa preocupación pola marcha da Academia ou do Seminario de Estudos Galegos, pero tamén da conta da súa amizade, unha longa relación de admiración mutua na que tamén se falaba da familia ou dos sentimentos. "Este epistolario", afirma a súa transcriptora, "é un tratado de amizade".

S. R. - PONTEVEDRA Seica os bos amigos deberían elixirse coma os libros preciosos: forzosamente non poden ser moitos senón escollidos, coñecidos de anos, imprescindibles. Como bos bibliófilos, Filgueira Valverde e Otero Pedrayo escolleronse con tino e logo foron dando conta da súa amizade en centos de cartas que agoran aparecen na obra "Epistolario de Xosé Filgueira Valverde e Ramón Otero Pedrayo".
Son en total 299 cartas e tarxetas asinadas entre os anos 1927 e 1976. Salvo sorpresas, trátase da totalidade da correspondencia que intercambiaron os intelectuais. A súa publicación pecha os eventos programados co gallo do centenario do nacemento de Filgueira Valverde, que foi fundador e director do Museo de Pontevedra, onde se presentou a obra.
As cartas pertencen os arquivos da Fundación Penzol de Vigo e do Museo e a súa compilación e transcripción correspondeu a María Jesús Fortes Alén, arquiveira do Museo de Pontevedra. Ésta incidiu en que "a temática é moi diversa, compartiron moitos traballos, por exemplo na Academia Galega, tamén publicacións, proxectos no Seminario e moitos tipos de intereses, pero tamén se fala nelas da familia e dos sentimentos".
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, é o autor do texto introductorio do epistolario e un dos representantes da cultura galega que onte se deron cita en Pontevedra na presentación da obra, un acto no que exerceu como anfitriona a vicepresidenta provincial, Teresa Pedrosa, e ao que tamén asistiron o escritor e director de Galaxia, Víctor Freixanes, o vicerreitor da Universidade de Vigo Ramón Area e o subdirector xeral de Caixanova, Antonio Gómez Rivera, entre outros. E entre os asistentes, familiares de Filgueira Valverde e estudiosos como Alonso Montero.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya