A Ferrería acollerá unha festa no Día Mundial dos Dereitos dos Animais

Está organizada por Medio Ambiente Natural e "Os Palleiros"

 22:08  

REDACCIÓN - PONTEVEDRA A Concellaría de Medio Ambiente Natural e a asociación "Os Palleiros" colaboran para or-ganizar os actos do Día Internacional dos Dereitos dos Animais. A praza da Ferrería será este sábado o escenario dunha gran festa infantil organizada arredor dun concurso de debuxo e con actividades de animación. A concelleira Celia Alonso e o voceiro de "Os Palleiros" Víctor Sariego foron os encargados de presentar a iniciativa. Estiveron acompañados do Mago Norberto, que será un dos encargados de proporcionar a diversión, xunto co pallaso Pimpón e un grupo de animación.
A responsable municipal destacou que as institucións teñen a obriga de traballar a prol da concienciación na protección dos animais salvaxes e domésticos e de difundir o feito de que os animais tamén teñen dereitos que deben ser respectados.
O Concello encárgase da instalación de catro carpas na Ferrería baixo as que se celebrarán as actividades. Ademais repartirá exemplares do libro "Teño dereito", editado hai un par de anos co obxectivo de difundir as obrigas que asumen todos os propietarios de cans. A festa celebrarase en horario de 11 a 14 e de 16 a 18.30 horas.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya