|
|
|
HEMEROTECA » |
|
S. R. - PONTEVEDRA Non é cuestión de detallar a fórmula segreda da mutación (para eso hai que ler o cómic) pero tras un longo periplo o noso traballador, imoslle chamar Man, está na piscina de residuos da sua normal empresa contaminante. Unha apocema permite a hibridación e que agromen os novos poderes: un único ser que reúne o mellor da persoa e do marisco, a forza bruta e o tamaño do contribuinte coa beleza e intelixencia do centolo.
Ata ahí, o anticipable do número 0 de Centoloman, a publicación que debutou onte no Café Moderno e que se agarda que inicie unha serie adicada ás aventuras desta persoaxe. "É o primeiro caso no que merchandising funcionou antes que o cómic", explican Pablo Zentolo e Uxío Novoneyra, de Rei Zentolo, "Centoloman xoga coa épica dos superheroes e a primeira idea nosa era facer cómic, despois tivemos a uferta poara usar a persoaxe nunha serie de animación para televisión e puxémonos a traballar na idea".
A crise tamén contribuiu. "Con ela veunos a idea de diversificar a nosa presenza, queremos ser nese sentido coma Sargadelos: achegar a arte e a cultura á rúa e o primeiro é abrir esta liña editorial", explican os responsables de Rei Zentolo.
Para o debut de Centolomán contaron co debuxante coruñés Alejandro Viñuela e co investigador e guionista pontevedrés Rodrigo Cota.
Agardan publicar en adiante novas entregas de 58 páxinas a 2,50 euros. A primeira tirada será de 2.000 exemplares, venderase tamén na tenda de Madrid e dará paso a novos proxectos, como unha carpeta adicada ao Día das Letras Galegas.
O nacemento para o cómic de Centoloman non é a única boa noticia para os afeccionados á banda deseñada, xa que hoxe estará en Pontevedra un dos autores revelación do momento, Alfonso Zapico.
Este artista, ilustrador e debuxante asturiano sorprendeu xa coa súa primeiro álbum "La guerre du professeur Bertenev" e co segundo, "Café Budapest", non só reforzou a súa merecida fama ante a crítica senón que foi considerado o mellor autor revelación do Salón do Cómic de Barcelona e recibiu o premio Haxtur ao mellor guión.
A presenta- ción de Zapico será esta tarde a partires das 19.30 horas na libraría Paz de Pontevedra, á que están convidados todos os aficionados á obra deste máis que prometedor autor.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||