"Alcalde, por que eres do Bloque e non do PP?"

Lores enfrentouse á curiosidade dos cativos

 02:11  
Ao rematar as preguntas, Lores agasallou aos rapaces cunha bolsa e un libro
Ao rematar as preguntas, Lores agasallou aos rapaces cunha bolsa e un libro  G.S.

"Cando cheguen as eleccións, vas querer seguir sendo alcalde?", "Por que non hai beirarrúas en Salcedo?", "Podes pintar a nosa escola de vermello?", "Traballa moito un alcalde?", son algunhas das difíciles preguntas ás que Lores tivo que facer fronte, interrogado por un grupo de escolares de Salcedo.

F.M. - PONTEVEDRA O alcalde Lores tivo que enfrentarse onte a unha das "rodas de prensa" máis complicadas do seu mandato. Un grupo de escolares do colexio San Martiño de Salcedo, de entre 8 e 9 anos de idade, someteron ao rexedor a algunas desas preguntas que un político en activo prefire eludir.

A natural sinceridade dos rapaces meteu ao primeiro edil de Pontevedra nalgún apuro, ao preguntarlle polo tempo que leva na Alcaldía, e si aínda vai querer seguir no choio cando cheguen de novo as eleccións. Unha rapaza de oito anos descubríu impresionada que cando ela naceu, Lores xa era alcalde: ¡Dez anos! ¡Arrea!". Máis que toda unha vida para a pequena.

O rexedor nacionalista tivo que desplegar a súa mellor oratoria para contestarlle a outra rapaza á pregunta de "por que eres do Bloque e non do PP?", algo que, ao parecer, causaba extrañeza á pequena. Lores foi o máis didáctico que puido: "Porque penso que Galicia é o máis importante, e por iso son dun partido para o que Galicia é o máis importante... Porque para min o Bloque é o mellor partido", resumíu.

Algúns escolares semellaban que traían a pregunta encargada da casa, e así preguntaron ao rexedor por que Salcedo "está tan abandonada", ou que obras ten pensado facer na parroquia, ou por que non teñen beirarrúas. Nestas cuestións o alcalde tiña a leción aprendida, e explicou os proxectos para a zona intentando facer asequible o programa de goberno a un cidadán de oito anos.

No capítulo das peticións, os escolares non escatimaron. Pediron desde semáforos "que fan ruidiño" para o seu barrio, ata que o alcalde lles pinte a escola de vermello, "ou senón de amarelo", apuntou outro.

Os cativos de Salcedo tamén se interesaron pola razón que levou a Lores a "deixar de ser médico", por cantas horas traballa no día, ou por si é doado ser alcalde.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya