REDACCIÓN - PONTEVEDRA
Pontevedra será esta noite a única parada galega na xira da banda americana Vetiver. O concerto celebrarse partir das 21 horas no Pazo da Cultura e encádrase dentro do ciclo Xacobeo Importa 2010 e abrirá unha programación musical variada en estilos e para diferentes tipos de público.
Os Vetiver son unha banda Indie-folk liderada polo compositor Andy Cabic (na voz) e formada pola cellista Alissa Anderson, Otto Hauser na batería, Carmen Biggers ao violín, os guitarristas Kevin Barker e Sanders Trippe, xunto a Brent Dun no baixo. Lanzaron o seu álbum debut en 2004 e desde entón están de constante xira parando tan só para as gravacións.
As entradas están á venda en www.servinova.com e no tetéfono 902 504 500. Hoxe tamén poderán adquirirse no Teatro Principal e no Pazo.