Fátima Cobo Rodríguez - Conservadora do Museo

"As pontevedresas de finais do XIX e principios do XX vestían á moda de París"

"Tiñan acceso ás revistas, aos catálogos e encargaban aos grandes almacéns parisinos"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Fátima Cobo, ante unha das vitrinas que integran a mostra sobre moda que expón o Museo.  // R. Vázquez
Fátima Cobo, ante unha das vitrinas que integran a mostra sobre moda que expón o Museo. // R. Vázquez  

F.M. - PONTEVEDRA “A moda da burguesía feminina de Pontevedra, 1856-1929” é o título da exposición que acolle o novo edificio do Museo de Pontevedra. Trátase dunha escolma dos fondos que reúne esta galería sobre vestimentas e complementos de moda dos séculos pasados e que por primeira vez se expoñen como complemento á pasarela “Debut 09”, organizada en colaboración coa Escola de Estudos Superiores de Deseño, Téxtil e Moda de Galicia.

– Que ofrece esta mostra?

– A idea global é mostrar que as mulleres de Pontevedra de finais de século XIX e principios do XX tiñan acceso ao que eran as últimas novedades da moda que viña de París. Tiñan acceso ás revistas de moda e ós catálogos que publicaban os grandes almacéns parisinos. Ademais tiñan forma de chegar ás tendas e grandes almacéns de Madrid, Barcelona, Bilbao… Expoñemos tamén revistas de París de principios de século, que amosaban a estas mulleres qué era o que se levaba, e logo podemos ver eses modelos en fotografías de pontevedresas e galegas da época, nas que visten, ou ben eses modelos das revistas, ou unha copia feita por elas mesmas.

– Algún vestido significativo?

– Non temos pezas de vestidos enteiros ou conxuntos de vestido con abrigos. Como o que temos son pequenas partes da vestimenta e complementos, o que buscamos é, a través de pequenas cousas, ir vendo os distintos aspectos que conformaban a creación e a moda desta época. En algúns casos son pezas mercadas e noutros pezas realizadas directamente por elas, ou as costureiras da zona, a través das revistas e dos catálogos dos grandes almacéns.

– A quen pertencen?

– Os fondos pertencen ao Museo. Normalmente proceden de doacións que foron facendo as pontevedresas ao longo do tempo. A maioría do material pertencía ás irmáns Mendoza-Babiano. Non as especificamos claramente nos rótulos da exposición porque tamén hai pequenas donacións que acompañan esta donación e todas teñen a mesma importancia para o Museo, todas contribúen ao fondo.

– Que motivou a exposición?

– Levamos moitos anos plantexando facer esta exposición, porque ademais do que son as pezas textiles, temos moitísimas revistas de moda. Pensamos en facela só das revistas, ou só das pezas, pero ao final, como se facía este desfile da Escola de Moda, aproveitamos a ocasión para facelo ao mesmo tempo. Fixemos unha selección que reflicte a idea xeral de que eran as propias mulleres as que traballaban elas mesmas as pezas, ou que as recibía de París no mesmo tempo en que saían á venda.

– Ten máis pezas o museo?

– Hai moitos máis fondos. Pero o espazo limitábamos un pouco, por iso tivemos que facer unha escolma do máis representativo. Normalmente tódalas exposicións están limitadas a un espazo determinado, é difícil expor tódolos fondos que existen. Ademais tamén hai moitos fondos que requiren unha restauración e que precisarían outro tipo de exposición, máis grande, máis costosa, que esperemos que nalgún momento se faga, pero non era esta a ocasión.

– 1856-1929. Por que este período concreto de tempo?


– Escollimos o ano 1856 como punto inicial porque ainda que no ano 1852 nace o primeiro grande almacén que hai, en París, non foi ata 1856 cando se edite o primeiro catálogo de moda, en varios idiomas, deses grandes almacéns. Ese catálogo sería o que permitiría a esas mulleres, de varios lugares de Europa, acceder aos grandes almacéns. O remate fixámolo en 1929 porque neste ano, coa crise económica, vai haber un cambio na moda, vai haber un cambio de tendencias. París perde influencia na moda mundial con respecto a Londres ou Estados Unidos.

– As revistas de moda en francés e os catálogos chegados directamente de París, demostran un alto grao de información daquelas mulleres?


– É quizáis o aspecto máis sorprendente disto, o nivel de información que tiñan estas mulleres. Posuían ao mellor dez ou quince revistas de moda diferentes. E non eran moitas máis as revistas que se editaban naquela época, pero estas mulleres as tiñan casi todas, tanto en español como en francés, o que nos indica que estaban moi ao tanto das últimas novedades e que había un nivel adquisitivo importante, en determinados estamentos sociais, claro está. Tamén nos indica que non había grandes diferenzas entre o que podían ter estas pontevedresas, unha madrileña ou unha parisina.

– Trátase dunhas vestimentas e complementos moi costosos, tamén para a súa época?

– O feito de que algunhas estean mercadas directamente en París, do que temos proba a través das etiquetas da roupa ou incluso das caixas nas que viñan, está indicando un evidente nivel adquisitivo alto das persoas que as mercaban.

– Pódese estimar o valor que teñen hoxe estas prendas e complementos?

– Non o temos cuantificado económicamente, pero o valor documental é altísimo, porque ese tipo de material é escaso.

– Supoño que as pontevedresas con acceso á moda de París formarían parte dunha elite económica.

– O que é o acceso directo ás revistas e a mercar a través de catálogo fora de España, evidentemente eran moi poucas familias. Pero o resto sí tiñan acceso a eses modelos, é dicir, ocurría un pouco como agora, que hai moi pouca xente que poda mercar alta costura, pero hai moita xente que pode ir á moda, simplemente porque se siguen as tendencias e se reproducen os modelos. O que ocorría nesta época é que había unha gran diferenza entre a roupa que utilizaba a burguesía e a que vestía o campesiñado, algo que hoxe non é así. Pero naquela época, entre unha obreira dunha cidade e unha señora, habería diferencia na calidade dos tecidos e dos complementos, pero non na moda, que era a mesma.

– Se diferenciaban da moda doutras cidades?

– Non temos esa comparativa. O que temos son uns fondos de revistas e de catálogos que nos indican que aquí sí había esa información e ese acceso á moda. Noutras ciudades non temos datos, pero entendo que estarían máis ou menos todas ao mesmo nivel.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009