SUSO DE TORO - Escritor

"Os anos non teñen por que dar unha visión máis lúcida, pode ser máis despiadada"

O escritor presenta hoxe no Café Moderno a partir das 20 horas a novela "Sete palabras"

 22:42  
Suso de Toro (Santiago 1956) é licenciado en Arte Moderna  e Contemporánea. Iniciouse como narrador en 1983 e vinte anos despois recibiu o Premio Nacional de Narrativa. É un  recoñecido novelista, ensaista e firmou libros de xornalismo. Tamén é autor teatral e de guións de televisión.
Suso de Toro (Santiago 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. Iniciouse como narrador en 1983 e vinte anos despois recibiu o Premio Nacional de Narrativa. É un recoñecido novelista, ensaista e firmou libros de xornalismo. Tamén é autor teatral e de guións de televisión. 

S. REGUEIRA - PONTEVEDRA Recén saida do prelo a súa nova novela “Sete palabras”, tan persoal e intimista, Suso de Toro felicitase porque desta volta non lle preguntan tanto por Zapatero, ao que adicou no 2007 a obra “Retrato dun Presidente” e co que mantén unha estreita amizade. “Afortuadamente este novo libro é moi literario, non ten nada que ver con iso, é máis, penso que é como escapar en sentido contrario: é un escapar ao campo da literatura e ao campo da vida das persoas, un escapar da vida pública e política contando unha historia que o lector pode pensar que é a da miña familia pero tamén a da súa, a de tantas familias”.

—¿Que é Sete palabras?

—Antes de nada hai que decir que é unha novela, polo tanto un libro que pretende contar unha historia entretendo, divertindo a quen lea, debe cumprir esa regla. Ademais diso diría que é unha novela de misterio, unha investigación en concreto dunha historia familiar e en paralelo a contar a historia, aparte do que o protagonista vai atopando seguindo os pasos dun abó paterno do que non sabe nada, aparecen unha serie de temas como son a relación dunha persoa co lugar de onde procede, a relación que temos pais e fillos, a orfandade e tamén moitos temas que están no fondo da historia das nosas familias sempre, como son a emigración, naturalmente tamén a Guerra Civil aparece aínda que de pasada, a pobreza etc e sendo unha novela tamén é unha investigación sobre quén son eu mesmo.

—¿Ten moito de autobiográfica esta indagación na historia familiar e na propia identidade?

—Si, é unha novela pero parte arranca dunha investigación na miña propia vida. O que ocurre é que todo o que fixen, o camiño que andei e as investigacións que fixen, transformeina para una novela, pódese decir que dalgún modo me mostro pero a través da mentira que é unha novela, a historia que investiguei transformeina en ficción.

—Parece boa psicoterapia.

—Si, efectivamente é un dos modos de decilo: a novela permitiume andar certos camiños que necesitaba percorrer eu e tamén nun plano terapeutico diríamos que foi unha psicoterapia, no plano espiritual diríamos que é unha reconciliación con un mesmo, sin dúbida que para min tivo un efecto benéfico e agardo que o teña tamén para quen a lea.

—¿Nalgún momento das nosas vidas necesitamos unha reconciliación: co noso lugar, a nosa familia, en xeral coa nosa biografía?

—Hai un momento vital, que sin dúbida está na base do proxecto do libro aínda que logo con ese proxecto levo como 6 ou 7 anos querendoo facer, pero ten relación con unha idade que é a madurez, entendida como vellez non como maior conciencia, senón que ao redor dos cincuenta un ten que elaborar a vida, ten que darlle forma á súa propia vida e no meu caso probablemente esta novela está relacionada coa miña idade e con cousas que se viven no decurso da vida como son as mortes dos maiores.

—¿É a madurez entendida como maior lucidez? ¿É certo o que decía Bergman de que cumplir anos é como subir montañas: vannos faltando as forzas pero a mirada é cada vez máis ampla?

—Para un escritor non necesariamente é así sempre e incluso diría que para unha persoa non necesariamente é así sempre, hai un tipo de lucidez que é lucida pero pode ser moi amarga e eu entendo que a vida pódese vivir cunha certa reconciliación, cun certo aceptamento e serenidade, non necesariamente os anos teñen que dar unha perspectiva máis lúcida, si que a poden dar máis despiada; non por ser vello ves mellor, pode incluso que vexas máis desesperado, que os anos che den unha maior desesperación. E por exemplo no cinema de Bergman atopo unha búsqueda pero penso que o seu camiño de preguntas non o conduciu a atopar unha visión da vida que eu chamaría madura, se é que é posible que non o sei, non é que eu a teña.

—Os lectores pídenlle cada vez máis riscos e desafíos estéticos ¿sinte esa presión, non lle da importancia ou nin reparou nela?

—Si reparei nela, non lle fago caso (risas) pero si reparei. O que ocorre é que en realidade os lectores dos meus libros detectaron a miña natureza, algo do que nin eu mismo era consciente, pero chegou un momento no que me din conta de que como teño libros moi distintos tiña lectores moi distintos, uns que me din que lle gustan moito os meus libros máis narrativos, unha novela que atrapa, e outros aos que lles gustan máis con texto máis intenso, incluso experimental, e tanto uns coma outros reclamanme libros do seu tipo, polo que non lles podo facer caso pero sí que noto esa presión. E penso que este libro meu reúne eses dous fíos: é un libro que funciona narrativamente coma unha novela de misterio, unha investigación, e ao mesmo tempo é un libro con texto moi denso e cheo de temas literarios.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya