Ideas novas para o galego

O lema "Lámbeme por dentro" gaña o concurso de Normalización Lingüística

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O deseñador Jorge González Rey, de 31 anos, recolleu onte o premio do concurso "E de que irá isto?" convocado pola Concellería de Normalización Lingüística para promover o uso da lingua galega entre os máis novos. Convidouse aos usuarios das redes sociais a idear frases sobre a situación actual do galego e finalmente resultou gañadora "Lámbeme por dentro", un lema que xoga co doble sentido da lingua como órgano e código de comunicación.

REDACCIÓN - PONTEVEDRA "Unha lingua que che lambe até o corazón", "o galego séntese, o galego lévase" ou "o galego mola no currelo e na escola" son algunhas das fases finalistas do concurso "E de que irá isto?", unha novidosa proposta pensada para os máis novos da cidade.
A Concellería de Normalización Lingüística convocou aos mozos a buscar pistas pola cidade, agochadas baixo o formato de códigos bidi, en pancartas e carteis. Os códigos tiñan que subirse á rede e tras superar un quebracabezas os participantes debían presentar a súa frase.
Máis de 300 participantes nas redes sociais e máis de medio cento de lemas presentados mostran o éxito da convocatoria. Finalmente, a frase gañadora "foi unha das que máis gustou en Tuenti e o xurado considerou que se trataba da de máis calidade", precisou o concelleiro de Normalización, Demetrio Gómez.
Éste encabezou onte no concello a entrega de premios ao gañador do concurso, que recibiu un lote de libros, material promocional da campaña "A lingua latexa!" (na que se enmarca o concurso) e entradas para todos os actos culturais que celebra o concello no Pazo e no Principal.
O deseñador explicou que "vin os códigos en internet e chamaronme a atención porque aquí é unha fórmula que non se emprega moito pero sí noutros países e decidín participar".
Pola súa banda, o xurado valorou especialmente o feito de que se trate dun lema "dinámico e alegre que fuxe da frase clásica de promoción da lingua".
Demetrio Gómez anunciou durante o acto que partir de agora iniciase un xogo para implicar á mocidade no uso do galego: os rapaces que acudan ao Servizo de Normalización do concello cun lema (Eu latexo) recibirán regalos, como camisetas, chapas etc.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes