|
|
|
HEMEROTECA » |
|
S. R. - PONTEVEDRA Non é o paso do tempo o que cura as feridas senón o paso do amor. E onte, coma cada 12 de novembro, volveron soar con amor e nostalxia noutro outono pontevedrés os nomes de Luis Poza Pastrana, Juan Rico González, Amancio Caamaño Cimadevila, José Adrio Barreiro, Germán Adrio Mañá, Ramiro Paz Carvajal, Paulo Novás Souto, Víctor Casas Rey, Telmo Bernárdez Santomé e Benigno Rey Pavón.
Son os "Dez de Pontevedra", paseados naquel 12 de novembro de 1936 para escarmento dunha cidade que sigue a lembralos como o que foron, homes bos,"intelixentes, traballadores, que amaban este país, que loitaban por el, foron axusticiados despois dunha farsa de xuízo sumarísimo no que se lles acusou de traidores. De traidores a qué?" preguntouse a teniente de alcalde Teresa Casal, que aproveitou o acto para criticar que estas persoas "non só non obtiveron recoñecemento algún se non que seguen a aparecer na historia como zulgados e condenados".
A teniente de alcalde defendeu que as vitimas da dictadura, "tódolos que nesta cidade de Pontevedra foron fusilados, ou paseados, ou botados á ría, sexan recoñecidos como o que verdadeiramente foron: vitimas, mártires dunha causa xusta, defensores de Galicia e da República, e queremos que ese recoñecemento se faga sin ningún tipo de odio nin de rencor, sinxelamente como unha homenaxe dos seus paisanos".
Tamén a concelleira de Cultura, Lola Dopico, lembrou a importancia da data do 12 de novembro "na que estamos aquí para gardar memoria e dar tributo ao recordo, para lembrar aos que non esquecemos".
Casal e Lola Dopico encabezaron a nutrida representación política, na que figuraron tamén os concelleiros Celia Alonso e José Valcárcel ou o ex parlamentario Roberto Taboada.
Pola súa banda, os familiares das numerosas familias representadas no acto protagonizaron cos políticos a ofrenda floral. Depositaron os ramos aos pes do monumento que lembra aos fusilados na rúa Doce de Novembro.
Os asistentes (entre eles representantes das familias Adrio, Paz ou Poza) lembraron que hai 10 anos a corporación aprobou a celebración deste acto institucional e o adicar unha rúa aos "Dez de Pontevedra".
A teniente de alcalde (que foi no seu día a encargada de defender a moción para a celebración do acto institucional) agradeceu neste décimo aniversario aos tres grupos políticos presentes na corporación a "talla humana" dos concelleiros que facilitaron que a proposta saise adiante por unanimidade.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||