CARLOS NÚÑEZ - Gaiteiro

"En Brasil está unha Galicia moderna, a Galicia do futuro"

O músico inaugurou onte o VI Encontro de Pandeiros de Mao DUF

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O músico Carlos Núñez, onte, na conversa no Museo.  // R. Vázquez
O músico Carlos Núñez, onte, na conversa no Museo. // R. Vázquez 

S. R. - PONTEVEDRA O VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao DUF arrancou onte no sexto edificio do Museo cunha conversa con Carlos Núñez. O ciclo continuará o vindeiro venres con batuke brasileiro, feira de artesanía musical, actividades infantís, postos e proxeccións audiovisuais na praza do Teucro.

—¿Qué conta nesta conversa da súa viaxe musical polo Brasil?

—Esto é unha iniciativa de Central Folque en colaboración co Museo e veño botar unha man e vou falar da miña experiencia de tres anos grabando e filmando no Brasil, buscando as conexións entre Galicia e Brasil que deron como froito o disco "Alborada do Brasil".

—¿Estamos tan lonxe como parece Brasil de Galicia ou menos dos que aparentamos?

—As conexións son moitísimas, desde Europa coñecemos Brasil moi superficialmente, só por exemplo o Carnaval, a samba etc, e eles só coñecen os touros e o flamenco, eso amosa o descoñecemento mutuo. Brasil é un pais moito máis próximo do que poidesemos imaxinar, cando os portugueses chegaron alí no 1500 levaron unha lingua moito máis parecida ao galego que o portugués actual, porque os portugueses daquela eran moi galaicos. O primeiro que fixeron foi levar a gaita, o que amosa que a primeira cultura europea que chegou alí foi a da antiga Galaecia. Logo Portugal foi cambiando e tendendo máis hacia o sur, pero antes non e cando chegas a Brasil sorprende esa semellanza da lingua co galego. E para a música é sorprendente ver como o país está cheo de cousas galegas, pero non dos galegos que foron no XIX ou do XX senón dende o principio, alí atopamos toda a parte medieval, con instrumentos que xa non existen en Europa e só os vemos no Pórtico da Gloria, alí segue vivo e mesturado.

—Tamén fala de que en Brasil atopamos palabras máxicas e a herdanza da gaita.

—Palabras máxicas coma Alborada ¿Onde vive o presidente Lula? Pois no pazo da Alborada, que para eles e pra nós é máxica. A gaita desapareceu pero a súa alma permanece nas músicas, por exemplo nas do Brasil interior que é unha especie de gran reserva galaica. O curioso é que en Brasil todo eso está acollido polas estrelas da música, pola xente máis mediática, toda esa parte galega ten moito éxito, en Brasil está unha Galicia moderna, a Galicia do futuro, os Martín Codax e Mendinho hoxe viven en Brasil.

—¿Vai xa polo noveno disco?

—Non me lembro (risas).

—Despois de tantos traballos e concertos ¿qué lle queda por facer? ¿cal é o vindeiro reto?

—Despois do disco "Alborada do Brasil" o próximo proxecto será unha película documental que rodamos nos tres anos de pesquisas en Brasil. Ahí a xente vai poder realmente ver como foi todo o proceso, cando íamos propoñendolle aos músicos brasileiros a nosa idea, cando estivemos con Nélida Piñón, coa xente da cultura, para coñecer o país. Ese documental que esperamos, ogallá saia, para o ano 2010 será o vindeiro proxecto.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes