Música

Carlos Núñez marca o inicio do Encontro Internacional de Pandeiros de Man

O festival, adicado nesta edición a Brasil, desenvolverase entre mañán en o sábado

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Olga Nogueira, Lola Dopico e Marcelo González presentan o festival.
Olga Nogueira, Lola Dopico e Marcelo González presentan o festival.  Rafa Vázquez

REDACCIÓN - PONTEVEDRA O gaiteiro Carlos Núñez será o encargado de dar comezo á sexta edición do "DUF", festival de pandeiros de man de Pontevedra. O músico internacional participará nunha charla-coloquio baixo o tema "Alborada no Brasil", que se celebrará mañán, ás seis da tarde, no Museo de Pontevedra. Carlos Núñez falará sobre a súa experiencia musical no Brasil.
O Concello de Pontevedra, a Central Folque e o Centro Galego de Música Popular organizan este VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, que se celebrará os días 11, 13 e 14 de novembro, con Brasil como país convidado. Unha "haima" na praza do Teucro será o centro do encontro, cun programa conformado por concertos, obradoiros, charlas, artesanía musical e outros.
A concelleira de Cultura Lola Dopico, e os coordinadores do evento, Marcelo González e Olga Nogueira, presentaron onte esta nova edición adicada a Brasil, pais "onde o pandeiro acadou grandes cotas de evolución técnica", explicaron.
Entre outros estarán nesta mostra, Marcos Suzano e Carlos Núñez. Celebrarase ademais un "Serán Urbano", o sábado 14 á noite, nunha cita aberta a tódolos tocadores e bailadores que queran participar.
Os organizadores destacaron o peso que este ano cobran as actividades de integración social entre a comunidade galega, árabe e brasileira afincada en Galicia, asi coma as actividades ao redor da cultura brasileira que se desenvolverán na "haima DUF". Marcos Suzano e Alex Meirelles actuarán o venres 13 ás 21.00 horas, no centro social Caixanova.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes