A Deputación impulsará actos culturais nas comarcas de Pontevedra e Caldas

O organismo provincial repartirá 60.000 euros entre 56 asociacións e entidades sen ánimo de lucro

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN - PONTEVEDRA A Deputación vai destinar cerca de 300.000 euros á concesión de 500 subvencións dentro do marco do Programa Actividades Culturais Xerais (Programa A/08) destinadas a promover accións tendentes a mellorar a calidade das manifestacións culturais da provincia. O organismo provincial quere, deste xeito, contribuír á recuperación e modernización da cultura galega.
Esta iniciativa vai dirixida a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que encabecen ou organicen actividades culturais xerais, tales como: concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, seminarios, certames, conferencias, etc.
No que concirne á comarca de Pontevedra o organismo provincial achegará preto de 40.000 euros para que 35 proxectos culturais de moi diversa índole podan materializarse nos concellos de Barro, Campo Lameiro, A Lama, Poio, Ponte Caldelas e Pontevedra. Deste xeito o concello Pontevedra, con 21.174 euros, vai ser o que recibirá unha maior contía, seguido de Ponte Caldelas (7.247 euros), Barro (3.772 euros), Poio (3.063 euros), A Lama (892 euros) e Campo Lameiro (526 euros).
En Barro, a Deputación financiará ós proxectos de 5 grupos culturais: ó da Asociación Cultural Barosa–Barro, a Asociación Cultural Cabalar, de Campodeira, ó da Asociación Cultural Coral Polifónica de Barro, o Intercambio cultural cun grupo de mozos de Asturias que coordina a Asociación Xuvenil A Muiñeira; e o do Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal.
A Coral Polifónica de Campo Lameiro recibirá do organismo provincial 526 e na Lama a Asociación Cultural Río Barbeira terá 892.
En Poio, catro asociacións foron as beneficiarias dos 3.063 euros que a Deputación destina ás súas actividades culturais: a Asociación Xuvenil A´Poio, que recibirá 1.006 euros para organizar un concurso de karaoke; a Asociación Xuvenil Cultural Mare Podium, que preparará as IV Xornadas Xuventude Cultural cunha achega de 434 euros; a Asociación Xuvenil Trahamunda, que recibirá unha axuda de 640 euros para convocar o I Certame Desfile de moda; e o grupo Mulleres en Igualdade de Poio, que recibirá 938 euros.
Tamén son catro as asociacións que en Ponte Caldelas van recibir a axuda de organismo provincial: a Asociación Cultural Acrobacias Pop (Festival Lolapop, 1.441 euros), a Asociación Cultural Buchabade (Intercambio cultural coa rexión de Murcia, 1.281 euros), a Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns (Actos do bicentenario da Guerra da Independencia no camiño dos Arrieiros, 4.000 euros) e a Asociación de Veciños O Carballo de Taboadelo (VI Festa do muíño do Verdugo, 525 euros).
No concello de Pontevedra unha ampla lista de 20 agrupacións van ser as que reciban unha achega económica coa que a Deputación pretende impulsar a cultura galega en todos os seus ámbitos: a Agrupación de Nativos de Lérez, a Asociación de Amigos de Campolongo, á de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, á de Veciños Heroes de Pontesampaio, a Fundación Cuña-Casasbellas ou o Grupo Filatélico de Pontevedra, son algunhas das que resultaron beneficiarias da contía total de 21.174 euros que a Deputación vai inverter en dar pulos á cultura local.
As actividades culturais que na comarca de Caldas van recibir un respaldo económico de 20.000 euros por parte da Deputación ascenden a 21. Esta importante achega recaerá nos concellos de Caldas, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga segundo os mesmos criterios.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas